Os Bolechas, para concienciar sobre a vida con diabetes

La Voz

VILANOVA DE AROUSA

cedida

O Concello de Vilanova distribuirá libros nos colexios en colaboración coa asociación Aneida

04 may 2021 . Actualizado ás 14:36 h.

O Concello de Vilanova distribuirá polos colexios exemplares dun conto dos Bolechas no que se aborda a situación dos nenos con diabetes. A iniciativa parte da asociación Aneida, A asociación de nenos e nenas e xovenes con diabetes de Galicia, a través de María Jesús Fontán, unha veciña de Baión cun fillo de pouca idade que sofre esta enfermidade. O obxectivo é «normalizar»  esta enfermidade na convivencia nas aulas.