O Juventud Cambados pesca en Vilagarcía a Noel Chaves, a Nico e a André

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

VILAGARCÍA DE AROUSA

Noel Chaves asinou no Juventud Cambados na procura dos minutos que non tivo no primeiro equipo do Arousa
Noel Chaves asinou no Juventud Cambados na procura dos minutos que non tivo no primeiro equipo do Arousa MONICA IRAGO

Arousa e San Martín son os equipos de procedencia

08 jul 2025 . Actualizado a las 20:56 h.

O Club Juventud Cambados anunciou este martes as tres primeiras fichaxes para o seu proxecto de regreso á Terceira 27 anos despois. Os tres, procedentes de Vilagarcía. O mediapunta cambadés Noel Chaves, con pasado na canteira do Celta, logo dun primeiro curso sénior sen oportunidades no primeiro equipo do Arousa, o mediocentro André Piñeiro, procedente do Arousa de División Honor Juvenil, e Nicolas Fernández, dianteiro de 22 anos, tras militar nas filas do San Martín de Vilaxoán.