Arousa Moza contra a desinformación e as «fake news»

La Voz

VILAGARCÍA DE AROUSA

MARTINA MISER

Alumnado do IES de Vilalonga e o colexio Sagrada Familia participaron nun torneo de debate en Vilagarcía

31 may 2025 . Actualizado á 05:00 h.

Torneo de debate crítico. Este é o título da actividade que a asociación Arousa Moza desenvolveu onte no auditorio de Vilagarcía. Financiada no marco do programa Erasmus +, a xornada de debate abordou a importancia da información veraz e o perigo que as «fake news» supoñen para as democracias. Nela empregaron as súas dotes oratorias o alumnado do IES de Vilalonga, en Sanxenxo, e do colexio Sagrada Familia, da capital arousá.