O cartel ábrese con «Niños robados» este xoves 8
07 may 2025 . Actualizado a las 15:43 h.«Niños robados» de Chianni Amelio abre o ciclo de maio do cine Clube Ádega de Vilagarcía, este xoves 8 ás 20.30 horas no Salón García. Con este filme de 1992 Amelio conseguiu o Gran Premio do xurado en Cannes e o premio á Mellor Película Europea e o Donatello ao mellor filme italiano entre outros moitos recoñecementos. O pase será este ás 20.30 no Salón García. A entrada será de balde para os nosos socios e terá un custe de 2,5 euros para os menores de 30 anos ou desempregados e de 4 euros para o resto do público.
O cinema continuará o mércores 14 para festexar o Día das Letras Galegas co documental escrito e dirixido pola galega Zeltia Outeiriño, que ven de gañar o premio Mestre Mateo ao mellor documental. O pase será de balde para todo o mundo xa que colabora o concello e a Filmoteca de Galicia.
O mércores 28, no marco do Festivala que este ano está adicado as cantareiras, proxectarase «Dorothe na Vila», un documental escrito e dirixo en 2020 por Alejandro Gándara e Olaia Tubío sobre a musicóloga suíza Dorothe Schubarth que percorreu a Galicia dos anos 70 na procura de cancións tradicionais. O pase tamén será de balde para todo o mundo.