Fonte dá Coca quere que se recuperen os «muíños» do parque

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

VILAGARCÍA DE AROUSA

Martina Miser

Pide que se cree unha comisión para negociar cos actuais propietarios

25 ene 2024 . Actualizado á 05:00 h.

A asociación veciñal Fonte dá Coca preparou un proxecto para que se recuperen os muíños que están nas inmediacións do parque e que poidan ser gozados por todos os veciños. Para iso propón a creación dunha comisión que, entre outros asuntos, negocie cos actuais propietarios das leiras nas que se atopan para que as cedan. A partir de aí entraría unha segunda fase na que habería que limpar as leiras, pero tamén realizar un estudo técnico para avaliar o seu actual estado de conservación. Evidentemente, outro dos labores da asociación sería encargarse de conseguir o financiamento para o proxecto chamando á portas de institucións provinciais, autonómicas, estatais e europeas.

«A recuperación para a vila de Vilagarcía dunha parte da súa historia é un beneficio claro, pero a recuperación deste lugar como espazo público unido ao parque da Coca suporía a creación dun pulmón verde par a nosa cidade que, co parque botánico Enrique Valdés Bermejo e a illa de Cortegada poñerían a Vilagarcía nos máis altos postos das cidades sostibles», aseguran desde a asociación veciñal.