A Fundación de Deportes destinou 94.691 euros a fomentar o deporte federado en Vilagarcía

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

VILAGARCÍA DE AROUSA

Martina Miser

Unha trintena de clubs da cidade recibiron as axudas que distribuíu o organismo municipal

21 dic 2023 . Actualizado ás 20:28 h.

O Consello Reitor da Fundación de Deportes aprobou esta semana o reparto das subvencións de fomento ao deporte federado. Un total de 28 clubs da cidade recibiron as axudas ás que o organismo municipal destinou 94.691 euros, sendo o Arousa S.C. (7.925,12 euros), o Cortegada (6.866,16 euros), o BBC (6.661,20 euros) e o Club Xadrez Fontecarmoa (6.592,88 euros) os principais beneficiarios ao obter as maiores puntuacións en base á actividade federada realizada durante o ano 2022. Ao final da táboa, por debaixo dos mil euros, quedaron equipos como A. D.C. Vilagarcía Esgrima, el Club Deportivo Pádel Vilagarcía, el Atlético Faxilde Club De Fútbol, el Club Baloncesto El Doce y el Club Ciclista Xiabre.

A diferenza do que ten acontecido noutros anos, nesta ocasión ningún dos equipos solicitantes desta subvención quedou fóra da convocatoria, xa que todos cumpriron o trámite en tempo en forma, así como os requisitos especificados nas bases para a concesión destas axudas.

A maiores, a Fundación tamén subvencionou sete eventos deportivos de carácter extraordinario, entre os que se distribuíron outros 17.244 euros . Debido ao seu orzamento e repercusión, os torneos que recibiron as axudas máis cuantiosas foron o VII EncestaRías (8.819,63 euros)e o Vilagarcía Basket Cup- Helena Mariño (5.036,90).