0003_202310A3C3992
0003_202310A3C3992

Os enxeñeiros navais, en Vilagarcía

La Voz

VILAGARCÍA DE AROUSA

MARTINA MISER

O colexio oficial celebrou a súa reunión anual no Rial e visitou a illa de Cortegada

03 oct 2023 . Actualizado ás 11:20 h.

O Colegio Oficial de Ingenieros Navales y Oceánicos en Galicia mantivo o seu encontro anual en Vilagarcía ao longo da fin de semana. A reunión tivo lugar no hotel Pazo O Rial, e os participantes puideron gozar dunha visita á illa de Cortegada, dentro do parque Illas Atlánticas.