Este domingo haberá un paseo guiado pola beira do río Ulla

DARÍO PORTELA / A.G. VALGA / LA VOZ

VALGA

MONICA IRAGO

Está organizado pola Asociación Cultural Os Penoucos e obaixoulla.gal

30 ago 2023 . Actualizado ás 19:00 h.

A Asociación Cultural Os Penoucos e obaixoulla.gal organizan un paseo guiado gratuito pola beira do río Ulla, que transcurre entre os concellos de Valga e Catoira. Será o domingo 3 de setembro, ás dez da mañá, e tendo o Centro de Activación Cultural Torres de Oeste (CACTO) como punto de partida. A andaina, que vai durar entre dous e tres horas, terá como guía a Cristina Conde Escaloni, coñecedora da historia local.

A volta recorrerá parte da Ruta do Pai Sarmiento que pasa por diante do cruceiro da Punta Telleira, a Telleira das Rañas, a de Roeiro e a de Padín. Posteriormente ascenderase ao Monte Cabreira, onde se poderán contemplar as vistas e disfrutar dos gravados e os restos dos muíños de vento. Descenderase ata o Monte das Mámoas para visitar as dúas mámoas e finalizarase nas Torres de Oeste, parando nos seus petroglifos e alquerques, onde se realizará un minixogo.