A concentración moteira de Trasnos do Salnés conta con recibir ata 3.000 persoas nunha nova edición

María Santamaría-Serantes, S. G. RIBADUMIA / LA VOZ

RIBADUMIA

MARTINA MISER

O evento celebrarase esta fin de semana na carballeira de Ribadumia

03 jul 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

Volve a concentración moteira de Trasnos do Salnés Motoclub por décimo terceira vez na carballeira de Ribadumia con actividades, agasallos e moita música.

O evento terá lugar esta fin de semana e o municipio recibirá arredor de 3.000 persoas provintes tanto das catro provincias galegas como de Portugal, de León e Asturias. A inscrición para o evento e as ceas terá un prezo de 30 euros por persoa os dous días, se só se acude o sábado será de 25 euros.

O venres 4 arrancan os motores ás oito da tarde coa apertura das inscricións e as once e cuarto iniciará a ruta nocturna polo pobo e ao remate desta comezará a actuación de Due Discotecas. O sábado 11 ten lugar a ruta moteira libre ás cinco e media da tarde, seguida de xogos populares con premios. Máis tarde producirase a exhibición moteira de Cajo Stunt, seguida da entrega de trofeos e agasallos. Ás once e media realizarase unha segunda exhibición, esta vez de Coche drift Martin Nos e que rematará de novo coa actuación de Due Discotecas ata a fin da festa, que culminará cun sorteo de lotes e agasallos entre os asistentes da concentración moteira.

A presentación do evento deportivo tivo lugar onte coa presenza da tenente alcalde, Mar Rey, que destacou que: «Ribadumia é un concello referente en toda a comarca en canto a eventos deportivos ao longo do ano». Estivo acompañada dun representante de Trasnos do Salnés Motoclub, concelleiros e representantes do equipo do goberno de Ribadumia e colaboradores do evento como Santiago Roma.