Os pequenos, os que máis reciclan

RIBADUMIA

MONICA IRAGO

Foi unha marioneta dos Bolechas a que lles presentou a os pequenos estudantes de Ribadumia a campaña Electreco

07 feb 2019 . Actualizado ás 09:24 h.

De cando en vez, os estudantes do Centro Rural Agrupado (CRA) de Ribadumia celebran unha mañá diferente. Sucedeu onte. Todas as clases se deron cita na aula de Sisán para participar ata en tres actividades diferentes. A primeira, protagonizada polos Bolechas, ensinoulles a necesidade de reciclar os aparellos eléctricos. A segunda permitiulles gozar dun saboroso e san bocadillo, dentro do programa «Ponlle as pilas ao teu bocadillo». E a terceira e última achegoulles ao mundo da hixiene dental. Porque un higienista veu ensinarlles como deben cepillarse os dentes.

Foi unha marioneta dos Bolechas a que lles presentou a estes pequenos estudantes a campaña Electrecos, que está pensada para animar aos veciños a reciclar os aparellos eléctricos e electrónicos. Ela explicoulles que este tipo de residuos non se deben tirar ao río ou deixar nas inmediacións dun colector, senón que hai que depositalos nun punto limpo, onde poderán ser convenientemente reciclados. A iniciativa busca educar aos nenos e, a través deles, tamén aos maiores.

Tras as explicacións, chegou o momento da merenda. O CRA está a participar no plan Proxecta, destinado a fomentar unha alimentación saudable, por iso onte recibiu a visita dunha nutricionista que lle ensinou aos pequenos o sans que son os bocadillos de conservas de peixe. E o bos que están.