Obradoiro maxistral de preparación de callos en Meis

La Voz MEIS / LA VOZ

MEIS

MARTINA MISER

Os alumnos de Hostalería da Mancomunidade do Salnés prepararon o manxar como anticipo da grande festa que chegará o domingo

11 jul 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

Todo está preparado en Meis para que este domingo, chova, vente ou vaia sol, o campo do Mosteiro acolla a Festa dos Callos, un prato gorentoso, sexa verán ou inverno. Onte, coma un dos seus anticipos, os integrantes do obradoiro de hostalería da Mancomunidade do Salnés elaboraron un saboroso «showcooking» sobre este manxar.