O Sergas estenderá os seus cribados a Meis e Cambados a próxima semana

La Voz CAMBADOS / LA VOZ

MEIS

Martina Miser

No primeiro municipio convocarase aos veciños de entre 20 e 64 anos e na vila do albariño aos de 20 a 29

17 abr 2021 . Actualizado ás 05:00 h.

Os cribados á poboación do Salnés multiplícanse, á vista da forma na que a incidencia do coronavirus escala posicións na área sanitaria. Ás probas que onte se realizaban en Vilanova seguiranlles, o luns e o martes, as convocatorias a 2.200 veciños de Meis con idades comprendidas entre os 20 e os 64 anos. No seu caso, o proceso desenvolverase o luns e o martes, en horario de mañá e tarde, no pavillón municipal. Os cidadáns recibirán unha mensaxe de SMS.

Polo que respecta a Cambados, o cribado desenvolverase o domingo que vén, 25 de abril, e a el serán convocadas persoas novas, situadas entre os 20 e os 29 anos. Aínda que nun principio se pensou no pavillón do Pombal para a toma de mostras, probablemente será necesario buscar unha nova localización, xa que o espazo acolle esa fin de semana diferentes encontros deportivos.