O CEIP As Covas de Meaño vaise de festa este domingo

La Voz MEAÑO

MEAÑO

MARTINA MISER

Haberá música, comida e unha camiñada

08 may 2024 . Actualizado ás 13:01 h.

O CEIP As Covas de Meaño vaise de festa este domingo e con tal motivo organizou unha xornada con música, comida e camiñada. A xornada arrincará ás 10.30 horas coa Andaina musical, con saída do colexio e un percorrido de 7,7 quilómetros ata o «banco do amor», e continuará ao redor da mesa. Haberá un contacontos pola tarde e música todo o día, coa actuación da banda senior da Banda Unión Musical de Meaño ás 18.30 horas. A festa concluirá co sorteo de rifas e agasallos e unha sesión de dj Master.