Unha ferida ao saírse o seu coche da estrada en Catoira

La Voz CATOIRA / LA VOZ

CATOIRA

Protección Civil Catoira

Ocorreu ás sete da mañá deste domingo

21 abr 2024 . Actualizado ás 20:49 h.

Ao redor das sete da mañá deste domingo, saltaban as alarmas en Catoira . Un vehículo habíase saído da estrada PO-548 ao seu paso polo lugar de Gondar , no termo municipal viquingo: nunha curva, o vehículo perdera o camiño marcado polo asfalto. Cando os efectivos de Protección Civil chegaron ao lugar dos feitos atopáronse con que a condutora estaba consciente. Segundo ela mesma referiulles, podería quedarse durmida ao volante, provocando así o accidente.