Cada vez menos columnas en pé cara ás Torres

La Voz

CATOIRA

Martina Miser

O camiño baixo a ponte é obxecto frecuente de vandalismo

23 mares 2024 . Actualizado ás 05:00 h.

O camiño que dá acceso ao recinto das Torres de Oeste baixo a ponte interprovincial está balizado por unhas columnas que coñeceron tempos mellores. E é que, aos danos causados polo paso do tempo, sumáronse tamén os ocasionados por quen non atopan nada mellor que facer que danar o que é de todos. Estes días, novas columnas foron tiradas, arrancadas do seu lugar e esquecidas ao pé dunha ruta percorrida polas numerosas persoas que acoden a visitar un monumento nacional que é, ademais, un dos símbolos indiscutibles do Concello de Catoira.