Catoira solicita a colaboración veciñal para deseñar o seu plan de mobilidade

La Voz CATOIRA / LA VOZ

CATOIRA

MONICA IRAGO

O Concello reunirá aos veciños para escoitar as súas propostas e analizará a forma na que se desprazan

19 ene 2019 . Actualizado ás 21:00 h.

O Concello de Catoira aspira a ser un municipio máis accesible para ciclistas e peóns e, por iso, en colaboración coa Deputación de Pontevedra, está inmerso na redacción dun Plan de Mobilidade Sustentable. Co fin de solicitar o maior número de datos e recoller as propostas da cidadanía, o vindeiro venres días 25, ás sete da tarde, celebrarase unha reunión no edificio multiusos á que están convocados todos os veciños.

O obxectivo deste plan é facer de Catoira un lugar máis sostible desde o punto de vista da relación entre os coches e as persoas e do medio ambiente.