Os familiares dos falecidos no Sen Querer preséntanse en Corcubión

La Voz CAMBADOS / LA VOZ

CAMBADOS

ANA GARCIA

Expresan o seu malestar por falta de noticias da aseguradora e queren coñecer todos os datos das investigacións

19 ene 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

As familias dos tres mariñeiros falecidos e do desaparecido no afundimento do Sen Querer Dous decidiron presentarse como acusación particular na causa aberta no xulgado de instrución de Corcubión tras aquela traxedia, que hai un mes produciu en Cambados unha profunda tristeza. «A decisión adoptada polas familias vén dada polo interese de coñecer a investigación que se está levando a cabo sobre as causas do infausto sinistro», di o letrado que as representa, Alberto Muñoz.

Pero hai outra razón máis que levou a dar este paso. «As familias hanse visto forzadas polo inexplicable silencio mantido pola compaña aseguradora Murimar, que debese dar cobertura inmediata aos danos e prexuízos ocasionados polo sinistro e facer fronte ás responsabilidades económicas derivadas dunha póliza que, supostamente, foi subscrita entre a empresa armadora e a compaña aseguradora». O armador asegura ás familias que Murimar non lle deixa facer entrega da devandita póliza. E ao mesmo tempo, a aseguradora non responde aos requirimentos dos afectados