Zona Centro entrega os seus premios

Cambados LA VOZ

CAMBADOS

Cedida

A asociación de comerciantes de Cambados repartiu 1.400 euros do sorteo de Nadal

18 ene 2019 . Actualizado ás 18:07 h.

A asociación de comerciantes Cambados Zona Centro fixo esta mañá entrega dos premios do seu sorteo da campaña de Nadal, en total 1.400 euros en vales de compra que os agraciados poderán gastar en establecementos asociados. Ao acto acudiron representantes da asociación e o concelleiro de Comercio, Xurxo Charlín. Este sorteo inscríbese dentro da campaña do Consorcio do Comercio do Salnés, que repartiu 8.000 euros en toda a comarca.