A escola de teatro municipal da Illa, a escena este sábado

La Voz A ILLA

A ILLA DE AROUSA

Presenta dúas obras nas que se falará, tamén, da historia do pobo

28 may 2025 . Actualizado a las 12:44 h.

A Escola Municipal de Teatro A Illa de Arousa subirase ao escenario do auditorio municipal este sábado (21 horas) con dúas obras: «O Ratiño dos Cabelos», unha adaptación do personaxe e obra do mesmo nome, creación de Antón Millán e adaptada polos alumnos da escola e o seu director Manuel Solla, e «Historias da Arousa», que se inspira en distintos lugares do pobo recoñecibles por toda a veciñanza nos que irán transcorrendo e narrando diversas historias. A entrada é de balde.