Lo sentimos, no hemos podido atender su petición.
La Voz de Galicia
Lo sentimos, no hemos podido atender su petición.

Cambados organiza unha ruta de kaiak inclusiva na desembocadura do Umia

La Voz CAMBADOS / LA VOZ

AROUSA

Martina Miser

Dirixida a persoas con diversidade funcional e aos seus acompañantes, a iniciativa desenvolverase os días 22 e 23 de forma gratuíta

17 sep 2025 . Actualizado á 05:00 h.

A concellaría de Servizos Sociais e Atención á Diversidade Funcional de Cambados, que dirixe a socialista Regina Núñez, organiza unha ruta de kaiak na que participarán persoas con diversidade funcional. A actividade terá lugar os días 22 e 23 de setembro, a partir das catro da tarde, cunha navegación na desembocadura do río Umia, entre a praia da Mouta e a contorna de San Sadurniño.

O único requisito é estar empadroado no municipio cambadés. Polo demais, a inscrición é gratuíta e os participantes poderán estar acompañados por persoas sen diversidade. Inclúe guías profesionais, kaiaks dobres, chalecos, pas e todo o necesario.