Os arousáns fan turismo ata onde chega o seu presuposto, non onde lles gustaría

maría santamaría / p. p. VILAGARCÍA / LA VOZ

AROUSA

MARTINA MISER

Cabo Verde e as Illas Canarias figuran entre os destinos máis buscados polos veciños da zona na procura de sol e praia

15 jul 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

A pandemia mundial que afectou no 2020 foi un punto de inflexión para todos, sobre todo para os que viven lonxe da praia e da natureza. Tamén cambiou a forma de pensar dos arousáns que agora buscan viaxar, coñecer mundo e saír da casa na primeira ocasión que teñan. Segundo as axencias de viaxes da zona do Salnés, a forma de facer turismo mudou moito e xa non se busca ir a un lugar concreto, se non coñecer sitios novos.

«Chegan e dinnos: ‘Somos catro persoas e temos este diñeiro en total, a onde podemos ir?’», explica unha traballadora da axencia de viaxes B Travel, en Vilagarcía. Agora non se adapta o presuposto á viaxe, se non a viaxe ao presuposto. 

VILAGARCÍA

Os cruceiros están máis de moda que nunca. Os veciños de Vilagarcía escollen o Caribe ou as Illas Canarias como o seu destino preferido, aínda que destaca tamén o frecuente uso dos cruceiros. A axencia B Travel comenta que o moitas reservas con de última hora e o 80 % dos arousáns elixen viaxar por España, fronte a unhas vacacións por Europa. 

Un tipo de vacacións de moda é o de cruceiros, unha forma de viaxar que encotra adeptos moi fieis, que repiten varias veces o mesmo recorrido, sobre todo se é polo mar Mediterráneo en xeral ou as illas gregas. Outro destino de moda é o sureste Asiático ou Exipto, aínda que as viaxes máis caras que se poden encontrar son as de Xapón, que poden ascender ata os 5.000 euros por persoa.

Carla Dono, traballadora de B Travel, destaca que este ano os presupostos que traen en mente os veraneantes son máis baixos que nunca e soen roldar os 500 euros por persoa. 

O GROVE

Moito ánimo de viaxar. Os cruceiros son os que están a triunfar este verán no Grove. Dende Viaxes Arosa comentan que as viaxes polo mar son as triunfadoras e que os veciños da zona reservan incluso ata cun ano de antelación porque hai unha gran selección de ofertas. «A xente quere saír, da igual a onde, queren chegar ata onde poidan. Adaptan o destino ao presuposto», declaraba Carmen Sanmartín, traballadora da axencia. 

A pandemia converteuse nun aliciente para que os veciños deixaran de reservar viaxes a través de internet e pouco a pouco volveron ás axencias de viaxes, ao contacto humanos e á seguridade que esta forma de reserva lles proporciona. O mesmo ocorre co tipo de aloxamento que prefiren, xa que elixen os hoteis tanto no centro de Europa, como nos destinos de praia con todo incluído.

Os lugares máis solicitados polos arousáns son tanto os circuítos por Europa, con países como Holanda, Noruega ou Budapest en alza, pero tamén o calor das illas españolas ou portuguesas. Aínda así este ano destaca Cabo Verde, que conta cun voo directo dende Santiago, o que fai a viaxe moi cómoda e sinxela. 

Cambados

O continuo auxe do Mediterráneo. Na vila do albariño destacan a maiores o Algarve, en Portugal, como un dos destinos máis solicitados no verán polos arousáns, que buscan o «todo incluído» e os voos directos por comodidade. Tamén se fala doutros lugares como o sur de España, o Levante, as Illas Baleares e as Illas Canarias. Os safaris que se realizan en centros turísticos exclusivos con todo incluído destacan como a experiencia máis cara, mentres que na costa portuguesa se poden encontrar «moitas estancias por 50 euros a noite». 

Ernesto Pombo, traballador de Viaxes Otero, sinala que o gasto medio dun cliente soe ser de ata 1.000 euros e destaca que estes últimos anos, a pesar de que todo se encareceu, os hoteis son o que máis subiu, en comparación a anos anteriores.

Se falamos do perfil de clientes en arousa, as familias con fillos son as que máis viaxan, seguidas polas persoas maiores xubiladas e as parellas, tamén destacan o feito de que cada vez hai menos viaxes de bodas. O turismo en familia soe elexir ir a un hotel, aínda que se contan con rapaces moi pequenos piden explícitamente un apartamento, onde poder facer a súa comida e ter uns coidados máis especiais. Ademais «cada vez resérvase con máis antelación, aínda que o normal e facelo dous ou tres meses antes», explica Ernesto Pombo.