«La rosa de papel» emociona ao Festivalle

maría santamaría / s. g. VILANOVA / LA VOZ

AROUSA

A compañía Tribueñe truxo o mércores a Vilanova de Arousa un espectáculo fascinante

11 jul 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

Có berro de «heroína» comezaba o mércores a obra teatral de La rosa de papel no auditorio Valle-Inclán, en Vilanova de Arousa, grazas ao ciclo de teatro Festivalle. A función da compañía de teatro Tribueñe, dirixida por Irina Kouberskaya e protagonizada por Catarina de Azcárate e Miguel Pérez Muñoz, conseguiu emocionar ao público e causar a risa en numerosas ocasións.

La rosa de papel relata a morte de La Encamada. Unha muller a piques de falecer que lle revela ao seu marido borracho, Simón Julepe, que garda sete mil reais.

A partir da morte de La Encamada a obra convertese nunha danza entre as persoaxes na que todos tentan de conseguir o diñeiro. Nesta danza o público emocionase, ponse tenso cando sae unha pistola e rise cando o alcohol e a penosidade das persoas fan que o escenario se converta nunha comedia.

Cando Simón Julepe se decata de que a súa muller está vestida cun traxe que recorda aos do cabaré, emocionase, e nace a atracción. Ata o punto de ofrecer todo o diñeiro da súa defunta, que tiña pensado malgastar en alcohol, a cambio de preservar o corpo. Ao final os veciños, que aparecen en escena tan só para intentar conseguir diñeiro e burlarse da muller, únense a marido, e todos xuntos bailan co corpo inerte, nunha demostración grotesca do poder do diñeiro e a beleza das mulleres, vistas como un obxecto pola sociedade.

Cando Valle-Inclán escribiu La rosa de papel era unha crítica cara a sociedade da época, pero segue en vixencia na actualidade. Unha actualidade na que se un ten poder e diñeiro suficiente pode ir ao espazo ou casar en Venecia entre protestas, como Jeff Bezos. Tan só hai que botar unha ollada á vida política do país para darse conta de que La rosa de papel continua presente na sociedade española.