O Arousa sobe ao primeiro equipo ao pichichi do seu cadro de División Honor Juvenil
VILAGARCÍA / LA VOZ
AROUSA
Seijo é o primeiro dianteiro centro puro no novo proxecto arlequinado
08 jul 2025 . Actualizado á 20:56 h.Alejandro Seijo, dianteiro centro que vén de rematar a súa etapa de formación como pichichi do equipo arlequinado da División Honor Juvenil, súmase á nómina de xogadores que defenderán as cores do Arousa na Tercera RFEF a vindeira tempada.
Autor de once goles o pasado curso na D.H.J., Seijo ofreceu unhas prestacións extraordinarias, por canto as lesións limitaron a súa participación na Liga a 973 minutos nunha ducia de partidos. É o segundo xuvenil promocionado tras o mediocentro Sindo.