Os campamentos da Lanzada reciben hoxe a 140 rapaces na terceira semana de actividades
AROUSA

O concello do Grove recibirá este verán ata 1.540 rapaces
06 jul 2025 . Actualizado a las 05:00 h.Un total de 140 rapaces serán os que reciban hoxe os campamentos da Lanzada da Deputación de Pontevedra. Ao longo do verán serán ata 1.540 menores galegos os que pasarán polo concello do Grove, todos repartidos entre as 11 semanas que duran os campamentos, en concreto ata o 6 de setembro.
Os cativos galegos que chegan hoxe ao Grove terán que voltar aos seus fogares o sábado 12, pero durante seis días poderán gozar de actividades variadas de carácter educativo, cultural, deportivo e formativo. Estas teñen teñen como obxetivo a diversión e o entretemento, pero sempre cun enfoque didáctico.
Ata o 6 de setembro realizaranse nos campamentos da Lanzada labores deportivos como o tiro con arco, a orientación ou as carreiras de obstáculos, todo no propio recinto do campamento.
A maiores participarán en pasatempos como o bodyboard, o snorkel ou os xogos variados na praia da Lanzada, a onde poden acceder directamente e de forma segura dende o recinto dos campamentos.
Os nenos farán unha viaxe ás Illas Atlanticas, en concreto á illa de Ons. E tamén formarán parte de actividades artísticas, nocturnas, en inglés, teatro, baile e de coñecemnto do medio.
Os rapaces que acolle o Grove durante esta segunda semana de xullo proveñen de un total de 37 concellos cercanos como o de Vilanova de Arousa, ou Sanxenxo. Pero tamén de puntos máis afastados como poden ser Vigo ou Baiona.