Bugallo, Grégor, Pillado, Álex Fernández e Migui deixan o Céltiga

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

AROUSA

03 jul 2025 . Actualizado á 05:00 h.

O Céltiga informou onte das cinco baixas que, en principio, produciranse co salto a Terceira RFEF respecto ao persoal que hai unhas semanas conseguía o ascenso. Trátase do central Manu Bugallo, do extremo Grégor, do mediocentro Pablo Pillado, do mediapunta Álex Fernández e do dianteiro Migui Sayar. «Desde o club e en nome de toda a familia céltica, queremos darvos as grazas de corazón por todo o que achegastes dentro e fóra do campo [...] Desexámosvos o mellor nas vosas próximas etapas», trasladou o club nun comunicado.