O Concello de Cambados ordena á propiedade que actúe sobre a deterioración de Establecimientos Otero
AROUSA

O actual titular o inmoble, unha sociedade vinculada ao Sabadell, arríscase a multas reiteradas que poden acadar os dez mil euros
06 may 2025 . Actualizado á 05:00 h.Foi ata o seu peche, no 2018, un emblema do comercio en Cambados. Sete anos máis tarde, o edificio que acollía Establecimientos Otero, na avenida de Galicia, constitúe un risco polo seu elevado grao de deterioración, que motivou máis dunha queixa por parte dos veciños da zona. Agora, o Concello emitiu unha orde para que os seus propietarios, Sabadell Real Estate Development, unha sociedade vinculada ao Banco de Sabadell, tome cartas no asunto, de acordo cun informe elaborado polo arquitecto municipal.
A propiedade terá que retirar as partes do tellado mal ancoradas, fixar correctamente as baixantes do edificio e demoler a parte posterior da fachada acristalada, repondo carpintería ou pechando ocos para evitar a formación de colonias de pombas. De non facelo, recaerán sobre ela multas reiteradas que poden acadar os dez mil euros.