
A representación será este sábado, ás 20 horas, no auditorio de Vilagarcía
10 abr 2025 . Actualizado a las 05:00 h.A crise dunha parella é o eixo da obra de teatro, música e danza Sofá, que chegará este sábado ao auditorio de Vilagarcía. A función comeza ás oito da tarde e está recomendada para maiores de 18 anos. As entradas xa están á venta cun prezo de 5 a 3 euros grazas a diferentes descontos e bonificacións. Está programada dentro das actividades teatrais do primeiro semestre do ano promovidas polo Concello, e dentro da Rede Galega de Teatros e Auditorios en colaboración co AGADIC.
A función corre a cargo da compañía Marta Alonso Tejada e bota man do humor para presentarnos a Marta e Pablo, «unha parella que se coñeceu bailando e que xa non ten tempo para facelo porque traballan moito», segundo explican dende a propia produtora. Subidos a un sofá, «que é o lugar onde se reencontran as familias», e intercalando teatro, danza, circo e a música en directo, os protagonistas tratan de solucionar a súa crise.