O vilagarcián Roque Devesa sobe ao podio do torneo galego de esgrima da Coruña

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

AROUSA

Cedida

Cinco tiradores da Asociación Vilagarcía Esgrima participaron na cita herculina

22 ene 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

Cinco tiradores da Asociación Vilagarcía Esgrima (AVE) participaron o pasado sábado na Casa del Agua da Coruña no torneo ránking galego de esgrima de categorías inferiores que organizaron o club local, CEC, e a Federación Galega.

Na categoría M13 (sub-13), Xabier Camba, Itsasne Juncal e Roque Devesa superaron con nota a poule eludindo os cruces de 32 tiradores. No cadro de 16, só Roque Devesa conseguiu superar o corte, gañando a Isabel González (Ayude-Melide), dobregando nos cuartos de final a Héctor Cancio (Z100T), para verse superado ás portas da final por David Hopkins (CELU de Lugo) por 10-6. Esta puntuación outorgoulle o terceiro posto da clasificación final.

Na categoría M11 competiron os tiradores do AVE Nicolás Piñeiro e Darío Aguado. O segundo chegou ata os oitavos, caendo con Nico Garea. Piñeiro superaba a Xiana Corredoira para presentarse nos cuartos de final, nos que foi apeado polo local Manuel Lorenzo.