Leccións de reciclaxe de residuos no colexio de Faxilde

La Voz

AROUSA

MONICA IRAGO

O concelleiro Lino Mouriño e técnicos de Urbaser fomentan a correcta separación do lixo, tamén entre os máis pequenos

12 jun 2024 . Actualizado á 05:00 h.

A campaña que o Concello de Vilagarcía e Urbaser, a empresa concesionaria do servizo de limpeza, está a despregar para fomentar a necesidade de realizar unha correcta separación do lixo nos domicilios chegou ao colexio de Faxilde. Ata alí desprazáronse técnicos da forma e o concelleiro do ramo, Lino Mouriño, coa misión de intentar concienciar ás xeracións máis mozos da necesidade de realizar unha boa xestión dos residuos nos domicilios. De concienciar e, tamén, de ensinar e resolver a dúbidas que a rapazada puidese ter sobre que colector é o adecuado par cada caso.