A Illa renovará a iluminación do campo Salvador Otero

Bea Costa
b. Costa VILAGARCÍA / A VOZRIBADUMIA / LA VOZ

AROUSA

MARTINA MISER

O investimento será de 31.200 euros e financiarase con fondos da Deputación

19 abr 2024 . Actualizado ás 15:14 h.

O alcalde da Illa, Luis Arousa, anuncia a próxima renovación do sistema de iluminación do campo de fútbol Salvador Otero. Cambiaranse os focos das catro torretas para instalar tecnoloxía led. A obra, para a que non hai aínda data, realizarase con cargo a unha subvención de 31.200 euros da Deputación.