Tremendo pau para un Mariscos Antón Cortegada que cae na Coruña (66-38)

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

AROUSA

Martina Miser

As vilagarciás deixaron unha mala imaxe nun encontro moi importante

31 mares 2024 . Actualizado ás 05:00 h.

Ao descanso do encontro de onte na Coruña, o Mariscos Antón Cortegada lanzara 19 triplos e só CINCO tiros de dous puntos, nun plan de partido que nin aos Golden State Warriors dos mellores Curry e Klay Thompson pasaríaselle pola cabeza imaxinar. O resultado naquel momento, o lóxico, co Maristas dobrando xa ás vilagarciás (31-15).

O duelo de onte era moi importante para manter vivas as esperanzas do conxunto vilagarciáns de clasificarse para disputar a fase de ascenso e tampouco deu a sensación de que iso estivese no ambiente. O Maristas, que se xogaba o seu pase matemático á fase, optou por unha idea distinta, co triplo como recurso e non como idea principal. Algo lóxico coas porcentaxes que se estilan nesta competición. O asunto é que a base de penetracións, de sacar partido dos balóns pedidos do Mariscos Antón Cortegada e de ter unha intensidade adecuada para o duelo foi aumentando a diferenza, que estivo a piques de ser escandalosa. En tres dos catro cuartos, o Mariscos Antón Cortegada non foi capaz de acadar os dez puntos; só sucedeu no terceiro, cando as arousás buscaron máis anotar preto do aro que lanzarse á aventura do triplo. Ao final, case trinta puntos por detrás.

Maristas: Arfinengo (2), Basaez (14), Filgueira (6), Pérez (15) e Vulovic (14) —equipo inicial—, Feijoo (2), Glán (8), Razo (3), Botana e Velasco (2).

Cortegada: Branca Manivesa (1), Ángela Coello (13), Stojanovska (11), Ángela González (4) e Diaw Absatou (3) —equipo inicial—, Lauren Loven (3), Inés Yubero, Lorena Castro, Marta Sanmartín (1), Iria Losada (2) e Nerea Arambarri.

PARCIAIS CADA CUARTO: 16-9, 15-6 (31-15), 20-14 (51-29) e 15-9 (66-38).

ÁRBITROS: Andrés Esteban e Julián Rico. Sinalaron quince faltas ao Maristas Coruña e 16 ao Mariscos Antón Cortegada. Non houbo eliminadas por persoais.