O Mariscos Antón Cortegada mídese na Coruña a un rival directo para entrar na fase

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

AROUSA

Martina Miser

Lass vilagasrcianas visitan este sábado ao Maristas

29 mares 2024 . Actualizado ás 05:00 h.

Evidentemente, o colchón do Maristas Coruña é lixeiramente maior que o do Mariscos Antón Cortegada, porque contan as herculinas cunha vitoria máis na clasificación e un partido máis tamén por xogar, pero iso non é óbice para definir a cita que este sábado (18.00) xogarase na cancha coruñesas como a que enfronta a dous rivais directos por pelexar para entrar na fase de ascenso. A bala é máis perigosa para as vilagarciás, que teñen unha marxe de erro moito máis axustada, pero chegan tamén coa confianza nun bo momento tras vencer no seu encontro da pasada fin de semana.

O Maristas, pola contra, vén de perder e non se mostrou demasiado fiable nas últimas semanas da competición, cando acumulou varias derrotas. O partido da primeira volta caeu ao lado herculino. Non foi aquel un dos duelos dos que pasarán ao recordo polo bo xogo nin dunhas nin doutras. O Mariscos Antón Cortegada quedou en 41 puntos tras os 40 minutos, dos que máis da metade (21 en concreto) foron de Diaw. Aquel foi o penúltimo partido no que Javier Nogueira estivo no banco.