Cambados celebrará o Día do Libro con contos

La Voz CAMBADOS / LA VOZ

AROUSA

Martina Miser

Haberá actividades na biblioteca e nos colexios

28 mares 2024 . Actualizado ás 09:11 h.

O Día do Libro celebrarase en Cambados con varias citas. O martes 2 de abril ás seis da tarde, na biblioteca Luis Rei, terá lugar a presentación do conto Caracol cara de col, da colección Obxectivo Alambique, escrito por Baia Fernández de La Torre, ilustrado por Tania Solla e deseñado por Martinho Picallo. Ese día tamén haberá un taller de pintacaras

Os autores do conto visitarán ao longo do mes os colexios e o sábado 27, ás 11.30 horas na biblioteca, presentarase o conto Laia.