Esquerda Unida pide celeridade para cambiar a tubaxe de auga en Meloxo

l.c. O Grove / LA VOZ

AROUSA

leticia Castro

Esta infraestrutura está a sufrir numerosas avarías

25 feb 2024 . Actualizado ás 05:00 h.

Esquerda Unida advertía estes días da necesidade de cambiar de xeito urxente a tubaxe que transcorre polo viario de subida a Meloxo, dadas as continuas avarías que se están producindo. A Deputación de Pontevedra, titular da estrada, dera luz verde ao anteproxecto para cambiar a rede de saneamento e reformar o viario en 2023, que segue sen executarse.

O portavoz dos esquerdistas, Jose Antonio Otero, solicitou á entidade provincial información sobre o asunto pero quere saber se o Concello do Grove fixo a parte que lle correspondía, posto que debía tratar as cesións de terreo cos propietarios e quere saber se iso é o que ocasionou o atraso, polo que solicita ao executivo que esclareza o tema.