O Hospital do Salnés incorpora unha cabina para realizar tratamentos de fototerapia

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

AROUSA

MONICA IRAGO

O Sergas calcula que dará servizo a uns 2.000 pacientes cada ano

27 ene 2024 . Actualizado á 05:00 h.

O servizo de dermatoloxía do Hospital do Salnés comezou a prestar tratamentos de fototerapia tras a incorporación dunha nova cabina de aplicación de radiacións terapéuticas. Con este elemento, poderanse realizar tratamentos a pacientes con dermatites, psoriases, linfomas cutáneos e outras afeccións. Segundo os cálculos do Sergas, este novo servizo poderá facilitar tratamento a ao redor de dous mil pacientes da comarca ao ano.

O tratamento con fototerapia utilízase en pacientes adultos desde hai máis de tres décadas. Segundo explica a coordinadora de dermatoloxía do Salnés, María Eugenia Mayo, «xeralmente a fototerapia indícase cando una afección cutánea non respondeu a outros tratamentos tópicos ou sistémicos que se administraron previamente». No Salnés, a fototerapia será aplicada por persoal de enfermería especialmente formado polo servizo dermatolóxico.