Flores e premios literarios para honrar a Cabanillas

La Voz CAMBADOS

AROUSA

ADRIÁN BAÚLDE

Este mediodía realizouse a ofrenda floral e a entrega dos premios do certame Mar de Letras

09 novs 2023 . Actualizado ás 14:01 h.

O Concello de Cambados conmemorou este xoves o aniversario da morte de Ramón Cabanillas coa tradicional ofrenda floral no paseo da Calzada e a entrega dos premios Mar de Letras nun acto celebrado no IES Francisco Asorey. Os premiados foron na categoría de poesía Óscar Días Cerqueiro (Bueu) e Anxo Pérez Prego (Cambados) e na categoría de relato, Anxo Martínez Filgueira (Santiago) e Nicolás Fernández Novoa (Ourense). O premio especial do xurado recaeu enTerry (Nigrán). 

Premiados y autoridades en el certamen Mar de Letras, esta mañana en el IES Asorey
Premiados e autoridades no certame Mar de Letras, esta mañá no IES Asorey ADRIÁN BAÚLDE

Mañá venres continuarán os actos ás 20 horas no Museo Ramón Cabanillas coa inauguración de a Sala Pitusa Vidal Cabanillas e da exposición O seu último paraíso y media hora despois Francisco Fernández dará unha conferencia sobre ela.