«Cartóons» achega o teatro ao público infantil do Grove

La Voz O Grove / LA VOZ

AROUSA

CEDIDA

A actuación será este mércores no auditorio

25 abr 2023 . Actualizado ás 14:15 h.

O auditorio municipal do Grove acolle este mércores (12 horas) unha función teatral para o alumnado de educación primaria. Será coa obra Cartoóns, un espectáculo clown de 50 minutos cheo de música e diversión. É unha creación de Víctor Mosqueira e Josito Porto na que botan man de colaboradores como Quico Cadaval, Kukas e Pepe Quintela.

O espectáculo estimula o impulso lúdico, a capacidade mimética, a plasticidade imaxinativa e a creatividade orientada. Tamén é un vehículo de valores, como a colaboración, o traballo colectivo, a solidariedade, a consciencia ecolóxica, a empatía social e a autosuficiencia.

A obra foi finalista dos Premios María Casares á Mellor Espectáculo Infantil e leva máis de cen funcións.