Partido solidario do Atlético Arousana a prol dos nenos con cancro

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

AROUSA

Martina Miser

O club vilagarcián destinará a recadación hoxe do seu encontro co Tordoia á Asociación de Nenos Oncolóxicos de Galicia, Asanog

05 feb 2023 . Actualizado ás 05:00 h.

O Atlético Arousana xoga esta tarde, desde as 17.30 horas no céspede da Lomba, o seu partido da xornada 19 da Liga de Primeira Galega Feminina. Oitavo clasificado con 27 puntos, o cadro vilagarcián recibe a un Tordoia dous postos e un punto por debaixo na clasificación. 

Máis aló do interese deportivo, o Atlético Arousana anima a unha asistencia masiva á Lomba esta tarde para colaborar coa Asociación de Nenos Oncolóxicos de Galicia, Asanog. A recadación das entradas, a 2 euros, irá destinada ao labor da entidade, que ademais colocará no campo un posto de venda dos produtos que axudan a visualizar o seu traballo solidario.