EU reclama unha solución inmediata para as obras do club de remo Mecos

L. castro O Grove / LA VOZ

AROUSA

LETICIA CASTRO

A formación denuncia que os traballos levan parados preto dun ano

20 mares 2022 . Actualizado ás 05:00 h.

Varios dos integrantes de Esquerda Unida do Grove visitaban esta semana as obras do club de remo Mecos para comprobar as deficiencias existentes nun proxecto que debía servir para mellorar as súas condicións, e estaba chamado a ser o primeiro centro de remo adaptado de Galicia. A reforma, que debía estar lista en seis meses, comezou hai dous anos e medio, e leva parada segundo os esquerdistas «preto dun ano».

O seu portavoz, Jose Otero, pide celeridade para finalizar as obras, tras comprobar en primeira persoa «as chapuzas realizadas». Otero sinala que as instalacións se atopan en moi mal estado, que hai baños sen rematar, paredes en ladrillo, filtracións de auga en paredes e teitos, vigas oxidadas e unha infinidade de danos que dificultan o normal desenvolvemento do seu adestramento en condicións normais. Os propios directivos de Mecos tiveron que facer de albaneis para poder usar en condicións o club.