O consello regulador do Ribeiro distingue ao Derby de Vilagarcía como mellor taberna de viños

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

AROUSA

Martina Miser

O organismo destaca a orixinalidade e bo facer do establecemento que rexenta Sito Dieste

06 dic 2020 . Actualizado ás 19:17 h.

O venres, día 18, o consello regulador da denominación de orixe O Ribeiro entregará os galardóns anuais que distinguen a profesionalidade, a atención e o bo traballo da hostalería e os establecementos consagrados ao mundo do viño. Un dos premios desta edición irá parar á vinoteca Derby, de Vilagarcía, dentro da categoría de taberna-bar.

«A atención esmerada, unha gran variedade en petiscos e racións que casan perfectamente coas bebidas e imaxinación á hora de propor novas propostas» son os tres ingredientes que o consello regulador destaca no traballo da vinoteca que Sito Dieste e o seu equipo xestionan na capital arousá. Xunto a el, o asador Os Abetos, de Nigrán , e Valladares Alimentación, de Santiago.

«Nun momento no que a hostalaría e o comercio máis próximo están a sufrir dificultades, dende o consello quérese salientar a súa importancia», apunta o presidente do organismo, Juan Manuel Casares.