Ismael Rodríguez e Martín Rey gañan da man

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

AROUSA

Cedida polo C.C. Padronés

Os ciclistas vilagarciáns do C.C. Padronés atravesaron á vez a meta do Campionato de Aragón Júnior con máis de 4 minutos sobre os seus perseguidores

27 sep 2020 . Actualizado ás 05:00 h.

Os vilagarciáns do C.C. Padronés, Ismael Rodríguez e Martín Rey , viviron onte unha experiencia inesquecible. Tras controlar o seu equipo a carreira, fuxiron xuntos na terceira e última volta do circuíto do Campionato de Aragón Júnior, para atravesar, collidos da man, a meta tras 108 quilómetros de estrada aos pés dos Pireneos no Cámping de Panzano. Os arousáns sacáronlles máis de 4 minutos aos seus perseguidores. Co mesmo tempo, a organización deu o primeiro posto a Ismael.