Catoira rexistra un novo accidente de tráfico, esta vez sen feridos

La Voz CATOIRA / LA VOZ

AROUSA

Ocorreu onte pola mañá, na estrada de acceso á ponte interprovincial

08 ene 2020 . Actualizado ás 05:00 h.

A estrada que dá acceso á ponte interprovincial de Catoira foi escenario onte pola mañá dun accidente de tráfico. O suceso produciuse cando non había voluntarios de Protección Civil en activo, pero afortunadamente o incidente non tivo consecuencias graves: non houbo feridos e a patrulla de Tráfico que se desprazou ao lugar non necesitou axuda para afrontar a situación.

Poucas horas antes, o luns ao fío das sete da tarde, rexistrouse outro accidente na vila viquinga. Tivo lugar, neste caso, no paso de peóns situado xunto ao novo consistorio. Alí, un vehículo parou ao haber xente cruzando, e os dous coches que circulaban tras el non lograron reaccionar a tempo. Foi necesario desviar o tráfico por detrás da gran marquesiña da parada de autobús existente na zona.

Practicamente á mesma hora, á altura da rotonda de Vilariño, na vía rápida un turismo sufriu un accidente cunha furgoneta. Como consecuencia diso, tres dos ocupantes dos vehículos implicados foron trasladados ao Hospital do Salnés. O condutor e o copiloto da furgoneta acadada, de 40 e 53 anos de idade, con dor cervical, e a copiloto do vehículo presuntamente causante do sinistro, de 26 anos, con dor cervical e lumbar. A Policía Local, primeiro, e a Garda Civil de Tráfico, despois, encargáronse de regular a circulación rodada no lugar dos feitos.