Desaloxan un edificio do centro do Vilagarcía por un incendio

La Voz

AROUSA

Mónica Irago

Unha campá extractora provocou un gran susto e un espectacular despregamento de medios

20 ago 2019 . Actualizado ás 11:59 h.

A medianoite do luns as alarmas comezaron a soar polas rúas do centro de Vilagarcía. Os efectivos de urxencias dirixíanse á rúa San Roque. Do primeiro piso dun dos edificios saía fume e decidiuse desqalojar aos veciños. Foi o incendio dunha campá extractora o que provocou o gran susto que, afortunadamente, quedou niso.