Noites de negro satén ao pé do canón

AROUSA

ADRIÁN BAÚLDE

Aos seus catro anos, o Vilablues é un neno moreno e regordete que segue crecendo. Hoxe chega o mellor

20 jul 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

Coa resaca de Bonnie Tyler e o seu tremendo concerto aínda moi presente, onte arrincou a cuarta edición do Vilblues. Como vén sendo habitual, fíxoo co alcalde, Alberto Varela, e o tipo que botou a andar todo isto, Goomer Meijón, sobre o escenario.

Nesta ocasión, o rexedor cambiou a harmónica e o saxofón de anteriores citas por unha guitarra, que Goomer acompañou cun baixo.

Era a unha, o sol apertaba e a música negra contribuía a incrementar a temperatura en varios graos. Todo, grazas ás boas mañas da Monk Blues Band, chegada desde Vigo para exercer como banda do festival.

A festa trasladouse pola noite á Segunda República, onde hoxe abre fogo DJ Rafa Morcego.