Valga oferta clases de violín e un festival de orquestras

La Voz

AROUSA

Cedida

O Concello e a Escola de Música Municipal organizan a primeira clase mestra

22 jul 2019 . Actualizado ás 21:23 h.

Valga mantén a súa aposta pola música. O Concello e a Escola de Música Municipal organizan a primeira clase mestra de viola e violín, que se desenvolverá no auditorio os vindeiros 23 e 24 de xullo e será impartida pola solista internacional Natalia Arestova. As persoas interesadas en participar poden inscribirse a través do enlace http://ir.gl/masterclass-viola. Os prezos oscilan entre os 60 e 20 euros.

Esta experiencia formativa clausurarase ás 21 horas do día 24 cun concerto no auditorio municipal no que os alumnos actuarán acompañados por Paula Gago ao piano e o clarinetista Francisco Javier Morgade. A entrada para o público é gratuíta.

Ademais, a escola de música ten programada para a vindeira semana outra actividade. Trátase dun Festival de Orquestras, que terá lugar o sábado día 27 a partir das 21 horas no auditorio.

Subirán ao escenario a Orquestra Lira Saguntina de Valencia e a Orquestra de Cámara de Valga, dirixidas por Pere Molina e Manuel Villar Touceda. A entrada ao festival é de balde.