A parroquia de Castrelo rexistra un incendio forestal en pleno inverno

La Voz CAMBADOS / LA VOZ

AROUSA

cedida

Ocorreu onte pola tarde, e queimáronse 1.600 metros de arboledo

16 feb 2019 . Actualizado ás 21:07 h.

O día solleiro e seco que houbo onte puido favorecer a propagación das chamas no incendio forestal que se rexistrou á primeira hora da tarde no lugar de Lourido, na parroquia de Castrelo (Cambados). Manéxase a hipótese de que puido estar propiciado por unha queima incontrolada. O responsable da mesma, J.M.V.G., de 62 anos, foi evacuado ao Hospital do Salnés. Foron necesarios 12.000 litros de auga para sufocar as chamas.