Lo sentimos, no hemos podido atender su petición.
La Voz de Galicia
Lo sentimos, no hemos podido atender su petición.

O Bloque de Valga, indignado polo uso da radio municipal

vilagarcía / a voz

AROUSA

27 abr 2011 . Actualizado á 06:00 h.

O Bloque Nacionalista Galego de Valga está «indignado» coa forma de traballar de Radio Valga, a emisor municipal. O BNG explica que propuxo celebrar un debate neste medio de comunicación entre as forzas políticas que se presentan aos comicios neste municipio e que o seu portavoz, Héctor Bermúdez, declinou esta opción alegando que a radio municipal non era un medio para facer política.

«Nós cremos que se non é un medio para facer política por que ou señor alcalde ten todos vos mércores unha hora para facer política, criticar a quen lle pareza e encomiarse a se mesmo», explica Xosé Manuel Martínez, portavoz dos nacionalistas valguenses.

O BNG considera que é necesario que os veciños de Valga coñezan de primeira man a forma de traballar que ten a radio municipal, que é un medio público e está financiado polo Concello cos impostos de todos os veciños. «Que se saiba que se non é partidario do poder establecido non tes voz nin voto na radio municipal», engaden.

Para os nacionalistas, unha radio local financiada con diñeiro público como é Radio Valga «debe de estar, entre outras cousas, para informar, e non como unha arma máis ao servizo do poder caciquil», sinalan.