
A reserva de praza mantense ata o 3 de xullo
11 jun 2025 . Actualizado á 22:33 h.Héctor Galán confirmou que a partir de luns ás 10 da mañá xa se poderán renovar os abonos para a tempada 25/26, ben a través da páxina web do club ben presencialmente nas oficina. O club elaborou un vídeo promocional cun lema, «nós non faltamos», que é o mesmo que figurará no carné, pero en primeira persoal do singular: «Eu non falto».
Os prezos e os descontos serán os mesmos que os da pasada tempada. Pódense consultar xa na web do Obradoiro. No caso dos adultos, as tarifas de partida son as que seguen, segundo as bancadas: fondos, 129; tribuna 2, 149; tribuna 1 lateral, 265; tribuna 1 medio, 285; tribuna 1 central, 299; retráctil lateral, 345; e retráctil central, 375.
Entre os descontos, o máis cuantioso é o de renovación, dun 15%, que se manterá en vigor ata o inicio da tempada. Adicionalmente, aplicarase outro 5% a quen leve máis de cinco campañas sendo abonados do Obradoiro. E outro 5% a quen asistise a todos os encontros.
Tamén se conserva o 5% da iniciativa tachada «trae a un amigo», para novas altas instadas por afeccionados que xa son abonados. Tanto o que recomenda como o que se suma terán ese desconto do 5%.
Así mesmo, aplícanse prezos reducido a parados de máis de seis meses, estudantes menores de 26 anos (deben acreditar esa condición mediante carné de estudante, matrícula ou certificado de centro de estudos), e federados en baloncesto, con licenza en vigor. Sobre este prezo especial non se aplicará o desconto por renovación ou antigo abonado.
Reserva de asento
Ata o día 3 de xullo manterase a reserva de asento para os abonados da tempada que acaba de concluír. A partir desa data liberaranse os asentos e poderán ser adxudicados a novas altas.
Cabe lembrar que o abono inclúe todos os partidos de Liga, de modo que non hai días do club nos que se poidan aplicar recargas. En caso de xogar o play off, como sucedeu a campaña que acaba de rematar, se habería que pasar por despacho de billetes.
A pasada campaña, a pesar do descenso a Primeira FEB, o número de abonados situouse ao redor dos catro milleiros e foron varios os partidos nos que as bancadas do Multiusos de Sar acolleron a máis de cinco mil espectadores.