
Obradoiro convocou rolda de prensa para esta tarde coa comparecencia do presidente, Raúl López, e o director xeral, Héctor Galán. Salvo sorpresa maiúscula, a mensaxe será de continuidade. De feito, xa se están dando pasos no novo proxecto.
O club e o propio Raúl López, cos seus acertos e os seus desacertos, merécense gozar dunha campaña sen sobresaltos, na que a palabra ascenso sexa un obxectivo e unha ilusión, non unha obrigación. Porque non hai fórmula que garanta o éxito deportivo. As dúas últimas tempadas resultaron decepcionante, pero as trece anteriores completan a mellor etapa na historia do club. Á falar en perspectiva, convén non perder de vista o ascenso do ano 2011, nin os seguintes trece cursos consecutivos na ACB. Tampouco a variable da economía. Certamente, Raúl López sempre puido presumir de pagar ao día. E se cando se bote ao carón deixa en herdanza un club saneado, ese será o maior mérito da súa xestión. Sen necesidade de ir máis atrás, está por ver como resolven a súa situación o Fuenlabrada e o Valladolid.
É o momento de ilusionarse coa posibilidade de facer o camiño de volta, de sumar e axuntar esforzos. E a meta sempre estará máis preto se se fan as cousas ben.
A estas alturas do 2024, o club probablemente non calibrou na súa xusta medida o nivel e a dificultade do Primeira FEB, con seis proxectos cargados de argumentos para pelexar polo salto de categoría. E cando quixo rectificar, non saíron as cousas. Agora xa sabe a que enfróntase.
Non é doado acertar. Pero é mellor un bo plan, e crer nel, que moverse por impulsos. Hai un ano, o Obradoiro tivo no seu punto de mira a Lotanna Nwogbo, que acabou fichando polo Fuenlabrada. E estivo moi preto de asinar a Krutwig, que ao final recalou no Palencia. Os dous completaron unha gran campaña. Pero o Sar acabaron chegando Balvin e Brodziansky. Probablemente se se fixese no seu momento unha enquisa para escoller unha parella ou outra recibiría máis votos o tándem formado polo internacionais checo e eslovaco. E, lamentablemente, ningún dos dous deu a talla.