
Discorrerá por paraxes de Santiago, Boqueixón, Touro, Arzúa e O Pino
15 may 2025 . Actualizado á 19:46 h.A primeira edición da marcha cicloturista Eurovelo Compostela ten todo preparado para a súa posta en escena, o vindeiro 15 de xuño. É unha iniciativa pensada para «gozar da contorna e a bicicleta», dunha ruta de 82 quilómetros con saída e meta a apenas cen metros da Praza do Obradoiro. O trazado discorrerá por diferentes paraxes dos municipios de Santiago, Boqueixón, Touro, Arzúa e O Pino, e a organización corre a cargo dos clubs ciclistas Bicicletas Oliveira, Botafumeiro, San Lázaro, Compostelán, BTT Ultreia, Vos Escaravellos e Noitebra FC.
O hotel Peregrino acolleu o acto de presentación desta iniciativa, coa presenza de representantes políticos dos municipios polos que discorre. A inscrición custa 35 euros e inclúe a participación nun sorteo de diferentes obsequios, entre eles unha bicicleta valorada en 8.000 euros.